Anuncio aprobación listaxe definitiva aspirantes admitidos/excluídos aux. admva. Rural Activo 2026
EXP: 2026/E001/000005
ANUNCIO
ASUNTO: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O PROXECTO "PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FRANXAS SECUNDARIAS" 2026 (TR351G).
EXPTE TEDEC: 2026/E001/000005
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 27 DE XULLO DE 2026.
De conformidade co disposto na Base 5ª da Convocatoria de selección para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de auxiliar adminitrativo/a para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias ano 2026, faise público o Decreto da Alcaldía de data 27 de xullo de 2026, mediante o cal se procede a designación dos membros do tribunal, se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo e se convoca aos aspirantes admitidos para a realización da proba práctica da fase de oposición, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O PROXECTO "PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FRANXAS SECUNDARIAS" 2026 (TR351G).
EXPEDIENTE: 2026/E001/000005
Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 711/2026 de data 15/07/2026 se aprobaron as bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición, dunha persoa auxiliar administrativa para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias”, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G), publicada no DOG núm. 24, do 5 de febreiro de 2026.
Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 15/07/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Visto que a relación de candidatos remitida polo SPEG (Oferta de emprego núm. 12-2026-7215) foi obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 23/07/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Considerando que todas a candidatas que figuran na relación remitida polo SPEG xa teñen presentado as solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas e visto que tódolos aspirantes que teñen presentado a solicitude cumpren coas condicións establecidas na base 3ª e 4ª que rexe a convocatoria, de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria e en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,
ACORDO:
Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:
|
PRESIDENTA |
Titular |
Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas |
|
VOGAIS |
Titular |
Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
D. Luís Taboada Hervella, interventor do Concello de Brión |
|
|
Titular |
Dª Dolores Lema Mouzo, Director da Mostra do Encaixe de Camariñas |
|
|
Suplente |
D. Enrique Rodríguez Lapido, Secretario-Interventor do Concello de As Neves |
|
|
Titular |
Dª Alianza Trillo Cabrejo, Educadora Familiar do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Junquera Vázquez Casal, Psicóloga Departamento Servizos Sociais do Concello de Camariñas |
|
SECRETARIA |
Titular |
Dª Eva Jardón López, Secretaria do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas |
Segundo.- Aprobar a seguinte lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos para a contratación laboral temporal de auxiliar administrativo/a para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias,
Admitidos definitivamente:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
CELGA 2 |
|
1 |
BARREIRO VIGO, Mª ISABEL |
***2233** |
SI |
|
2 |
SOTO MEIRÁS, ANA BELÉN |
***0119** |
SI |
|
3 |
NOVO CIBRÁN, ANA |
***0312** |
SI |
|
4 |
LEMA MARTÍNEZ, RAQUEL |
***1044** |
SI |
Excluídos definitivamente:
------------
O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza a posesión dos requisitos esixidos. Se nun momento posterior se desprende que algunha persoa non posúe algún dos requisitos, decaerá en todos os dereitos derivados do procedemento.
Terceiro.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da proba da fase de oposición prevista na base 7.1 da convocatoria o día 29 de xullo de 2026, ás 10:00 horas, na Casa do Concello.
Cuarto.- Convocar ás aspirantes admitidas para o próximo día 29 de xullo de 2026, ás 10:00 horas, na Casa do Concello, para a realización da proba da fase de oposición prevista na base 7.1 da convocatoria, proba práctica.
Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.
Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.
A actuación dos aspirantes no exercicio, de ser necesario, levarase a cabo por orde alfabética, comezando pola letra “M”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2026 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2026). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.
Quinto.- Que o Tribunal cualificador se reúna para valoración de méritos (fase de concurso, base 7.3 da convocatoria) o día 29 de xullo de 2026, ás 12:00 horas, na Casa do Concello.
Sexto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.
Sétimo.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.