Publicación acta do tribunal co resultado final do proceso selección dunha aux. admva. RA
EXP: 2026/E001/000005
SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL
ASUNTO: PUBLICACIÓN DE ACTA DO TRIBUNAL DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O PROXECTO “PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FRANXAS SECUNDARIAS” AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL 2026 (PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026).
Nº ExpTE. TEDEC: 2026/E001/000005
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 30 DE XULLO DE 2026.
Para xeral coñecemento, faise pública a acta do Tribunal cualificador do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa auxiliar administrativa para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias”, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G).
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª. Sandra Insua Rial.