Sede electrónica Concello de Camariñas

02:11:13 Mércores 2 de setembro 2026

Información

TESOURERÍA

31/08/2026

EXPOSICIÓN PÚBLICA PADRÓNS IAE -IBI 2026

EXP: 2026/X999/000294

Deputación Provincial da Coruña

Tesourería e Xestión de Tributos. Servizo de Xestión Tributaria

Anuncio da exposición pública dos padróns fiscais - 2026 imposto sobre bens inmobles urbanos, rústicos e de características especiais imposto sobre actividades económicas imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello de Mugardos

ANUNCIO DA EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS FISCAIS - 2026

IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES URBANOS, RÚSTICOS E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS

IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS

IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO CONCELLO DE MUGARDOS

A Presidencia da Deputación aprobou os padróns fiscais dos seguintes impostos dos concellos que delegaron a xestión tributaria e recadatoria:

- Imposto sobre actividades económicas (resolución núm. 31150, de 10 de xullo de 2026).

- Imposto sobre bens inmobles - urbanos (resolucións núm. 29214, de 1 de xullo 2026).

- Imposto sobre bens inmobles - rústicos (resolución núm 29214 de 1 de xullo 2026).

- Imposto sobre bens inmobles - de características especiais (resolución núm. 29214,de 1 de xullo 2026).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, os concellos que delegaron a xestión tributaria e recadatoria dos devanditos impostos na Deputación son: Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, A Capela, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza Cesuras, Paderne, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, O Porto do Son, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas.

Asi mesmo, pola resolución núm. 33114, de data 23 de xullo de 2026, aprobouse o Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ao Concello de Mugardos.

Período e lugar de exposición

Os padróns fiscais quedarán expostos ao público na Deputación Provincial (rúa Archer Milton Huntington, 24, 15011, A Coruña), onde poderán ser examinados polos/las interesados/as, dende o día 1 de setembro ao 15 de outubro de 2026, ambos os dous incluidos.

As consultas faranse a través do correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono 981 415 900.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva segundo o disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Recursos

Contra as liquidacións que conteñen os padróns fiscais os/as interesados/as poderán formular ante o Presidente da Deputación o recurso de reposición regulado no artigo 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, no prazo dun mes, que se contará dende o día seguinte ao da finalización do periodo de exposición pública dos padróns fiscais. Tamén poderán utilizar calquera outro que consideren oportuno.

A Coruña, 28 de xullo de 2026

O presidente, PDF 29/08/2023

O deputado, O secretario,


Xustificantes de Publicación: