Sede electrónica Concello de Camariñas

15:19:48 Martes 29 de setembro 2026

Información

Departamento de persoal

28/09/2026

Publicación relación candidatos remitida polo SPEG e apertura prazo presentación solicit. aux. admva

EXP: 2026/E001/000010

ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

          listaxe de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA e apertura do prazo de presentación de solicitudes.

          ASUNTO: PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DESTINADO AO DESENVOLVEMENTO DE TAREFAS RELACIONADAS COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL (GARANTIA XUVENIL TR350E 2026).

          EXPTE.: 2026/E001/000010

          EXPTE. SOLICIT. SUBV.: 2026/A008/000040

          DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 28 DE SETEMBRO DE 2026.

listaxe de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA

(Oferta de emprego núm. 12-2026-9280)

Candidatos/as

PARDO BELLO, ALEJANDRO

QUIZA CASTRO, SARAIVA

TEDÍN TEDÍN, MELANIA

          De conformidade co disposto na Base 4ª da convocatoria para a contratación laboral temporal dun/dunha auxiliar administrativo destinado ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal e apoio as tarefas propias da actividade administrativa do Concello ao abeiro da ORDE do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, expte.: TR350E-2026-00000074-00, unha vez remitida pola Oficina Pública de Emprego a listaxe de candidatos (Oferta de emprego núm. 12-2026-9280), esta faise pública, dispoñendo as persoas interesadas incluídas na mesma de tres días hábiles, a contar desde a publIcación do presente anuncio no taboleiro de anuncios do concello, para presentar a seguinte documentación:

  1. Solicitude de participación que se presentará no modelo que pode atoparse na sede electrónica do Concello de Camariñas no apartado “Emprego Público e recursos humanos”: “Convocatoria de persoal” ou no seguinte enlace: https://sede.camarinas.net/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/Convocatoriadeselecciondepersonal_N
  2. Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade ou equivalente.
  3. Fotocopia compulsada do documento que acredite calquera das titulacións requiridas ou equivalente.
  4. Relación de méritos que alegue para a súa avaliación na fase do concurso, que se acompañará da documentación acreditativa daqueles.
  5. Copia do Celga 2 ou documento equivalente
  6. Acreditación da condición de demandante de emprego.

          As solicitudes presentaranse en modelo oficial que se achega como anexo ás bases, dirixidas á Alcaldía, presentaranse no Rexistro Xeral das oficinas municipais en horario de oficina ou no Rexistro telemático (sede electrónica), durante o prazo antes sinalado. Ademais as instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, neste caso os e as aspirantes deberán comunicalo mediante correo electrónico: correo@camarinas.net, achegando copia da solicitude rexistrada.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura ao marxe, pola Alcaldesa, Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: