Sede electrónica Concello de Camariñas

17:12:17 Domingo 4 de outubro 2026

Información

Departamento de persoal

01/10/2026

Anuncio aprob. listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos aux. admva. Garantía Xuvenil

EXP: 2026/E001/000010

ANUNCIO

ASUNTO: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO DE SELECCIÓN DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DESTINADO AO DESENVOLVEMENTO DE TAREFAS RELACIONADAS COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL (GARANTIA XUVENIL TR350E 2026).

          EXPTE TEDEC: 2026/E001/000010

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 1 DE OUTUBRO DE 2026.

          De conformidade co disposto na Base 5ª da Convocatoria de selección para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dun/dunha auxiliar administrativo/a destinado/a ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, faise público o Decreto da Alcaldía de data 1 de outubro de 2026, mediante o cal se procede a designación dos membros do tribunal, se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo e se convoca aos aspirantes admitidos para a realización da proba práctica da fase de oposición, decreto que a continuación se transcribe:

           “DECRETO DA ALCALDÍA

          Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DESTINADO AO DESENVOLVEMENTO DE TAREFAS RELACIONADAS COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL (GARANTIA XUVENIL TR350E 2026).

          EXPEDIENTE: 2026/E001/000010

          Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 868/2026 de data 14 de setembro de 2026 se aprobaron as bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición, dun/dunha auxiliar administrativo/a destinado/a ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026. (códigos de procedemento TR350E e TR349Z) publicado no DOG número 108 do 11 de Xuño de 2026.

          Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 15/09/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Visto que a relación de candidatos remitida polo SPEG (Oferta de emprego núm. 12-2026-9280) foi obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 28/09/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas e visto que tódolos aspirantes que teñen presentado a solicitude cumpren coas condicións establecidas na base 3ª e 4ª que rexe a convocatoria, de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria e en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

          Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:

PRESIDENTA

Titular

Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas

VOGAIS

Titular

Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas

 

Suplente

D. Luís Taboada Hervella, interventor do Concello de Brión

 

Titular

Dª Mª Mercedes Búa Barrientos, auxiliar administrativa do Concello de Camariñas

 

Suplente

D. Enrique Rodríguez Lapido, Secretario-Interventor do Concello de As Neves

 

Titular

Dª Junquera Vázquez Casal, Psicóloga Departamento Servizos Sociais do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Alianza Trillo Cabrejo, Educadora Familiar do Concello de Camariñas

SECRETARIA

Titular

Dª Eva Jardón López, Secretaria do Concello de Camariñas

 

Suplente

D. Victorino Nión Carril, administrativo do Concello de Camariñas

          Segundo.- Aprobar a seguinte lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos para a contratación laboral temporal dun/dunha auxiliar administrativo/a destinado/a ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal,

Admitidos definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

CELGA 2

1

TEDÍN TEDÍN, MELANIA

***4084**

SI

2

PARDO BELLO, ALEJANDRO

***4163**

SI

3

QUIZA CASTRO, SARAIVA

***8318**

SI

Excluídos definitivamente:

------------

          O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza a posesión dos requisitos esixidos. Se nun momento posterior se desprende que algunha persoa non posúe algún dos requisitos, decaerá en todos os dereitos derivados do procedemento.

          Terceiro.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da proba da fase de oposición prevista na base 7.1 da convocatoria o día 5 de outubro de 2026, ás 10:00 horas, na Casa do Concello.

          Cuarto.- Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 5 de outubro de 2026, ás 10:00 horas, na Casa do Concello, para a realización da proba da fase de oposición prevista na base 7.1 da convocatoria.

Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.

Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

A actuación dos aspirantes no exercicio, de ser necesario, levarase a cabo por orde alfabética, comezando pola letra “M”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2026 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2026).

          Quinto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

          Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

            Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: