Sede electrónica Concello de Camariñas

13:20:03 Sábado 17 de outubro 2026

Información

SECRETARÍA

12/10/2026

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL PARA ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DO 29 DE NOVEMBRO DE 2026

EXP: 2026/X999/000347

ELECCIÓNS A CORTES XERAIS 2026

 

 

Faise público que o Censo Electoral vixente para as Eleccións a Cortes Xerais, que terán lugar o día  29 de novembro de 2026, permanecerá exposto ao público desde o 12 ao 19 de outubro, podendo consultarse no concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, para que os interesados poidan comprobar a súa inscrición nel e presentar reclamación en caso de non figurar ou facelo incorrectamente, no impreso que se lle facilitará nas oficinas municipais, que deberá asinar e presentar co DNI ou documento identificativo.

Así mesmo, existe un teléfono de chamada gratuíta da delegación provincial da Oficina do Censo Electoral no que tamén se pode consultar a inscrición, que é o 900.343.232, así como no 981217439.  Así mesmo, con autenticación sistema cl@ve, no enderezo web:

https://sede.ine.gob.es/ce-internet1/?lang=es_ES

Recoméndase especialmente comprobar a inscrición a todos os que cumpriron 18 anos recentemente e aos que cambiaron de enderezo nos últimos meses e que se presente a reclamación no prazo de exposición, xa que as presentadas fóra de prazo non terán efecto neste proceso electoral.

Durante o mesmo prazo os electores poderán solicitar a súa exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos representantes das candidaturas proclamadas para o envío postal de propaganda electoral. As solicitudes realizadas posteriormente terán efecto nas seguintes eleccións. Este trámite poderá realizarse no concello e tamén na sede electrónica do INE:

https://sede.ine.gob.es/oposicionPartidos/presentacion?lang=es_ES

Camariñas, na data da sinatura electrónica.

A alcaldesa,

Asdo.: Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: