Anuncio aceptación proposta contratación tribunal aux. admvo. Garantía Xuvenil e requirimento de doc
EXP: 2026/E001/000010
ANUNCIO
ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DESTINADO AO DESENVOLVEMENTO DE TAREFAS RELACIONADAS COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL (GARANTIA XUVENIL TR350E 2026) E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN a aspirante proposto.
EXPTE.: 2026/E001/000010
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 20 DE OUTUBRO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 20 de outubro de 2026, mediante o cal se acepta a proposta realizada polo tribunal cualificador para a contratación dun/dunha auxiliar administrativo/a destinado/a ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal (GARANTIA XUVENIL TR350E 2026) e se require ao aspirante proposto, D. ALEJANDRO PARDO BELLO, para que no prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do dito decreto, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DESTINADO AO DESENVOLVEMENTO DE TAREFAS RELACIONADAS COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL (GARANTIA XUVENIL TR350E 2026) E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.
EXPEDIENTE: 2026/E001/000010
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante o sistema de concurso-oposición, dun/dunha auxiliar administrativo/a destinado/a ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026. (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).
Considerando que a proposta de contratación dun/dunha auxiliar administrativo/a destinado/a ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal que fai o tribunal basease na puntuación final obtida polos aspirantes, aplicándose no caso de empate o reflexado nas bases da convocatoria, sendo o proposto o primeiro aspirante da listaxe ordenada por puntuacións finais, isto é:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1 |
PARDO BELLO, ALEJANDRO |
10,35 |
|
2 |
QUIZA CASTRO, SARAIVA |
7,50 |
Vista, pois, a acta e a relación de aspirantes aprobados formulada polo tribunal, ordenada por orde decrecente de puntuación totais/finais dos aspirantes, na que se propón a contratación do primeiro candidato con maior puntuación e a determinación da orde definitiva dos integrantes da bolsa de emprego cos candidatos que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo.
Visto, pois, o disposto na base 8ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación dun/dunha auxiliar administrativo/a destinado/a ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).
Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de D. ALEJANDRO PARDO BELLO, para os posto de auxiliar administrativo destinado ao desenvolvemento de tarefas relacionadas coa organización e xestión do arquivo municipal.
Terceiro: Requirir ao aspirante proposto, D. ALEJANDRO PARDO BELLO, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.
Cuarto: Aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, acéptase a listaxe de aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo e queda establecida a seguinte bolsa de traballo:
|
ORDE DE CHAMAMENTO |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1º |
QUIZA CASTRO, SARAIVA |
7,50 |
Quinto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa, Dª Sandra Insua Rial.