As persoas asistentes poderán navegar pola sede electrónica en calquera dos dez ordenadores da aula CeMIT onde se impartirá a formación, que terá lugar o vindeiro mércores, día 10.
Impartirá a sesión a axente do programa PEL-Concello Dixital, quen explicará tamén como solicitar e empregar calquera dos diferentes métodos de identificación dixital que poden empregarse na sede. A sesión comezará ás 11 da mañá.
Estes días, o concello está a publicitar a formación a través das redes sociais e no taboleiro dixital que teñen no exterior do concello, así como dirixíndose específicamente a membros das asociacións do concello para que poidan coñecer como usar a oficina electrónica nas súas xestións.