O procedemento de "restaurar a legalidade urbanística" é usado como soporte na xestión de expedientes, para controlar a execución de obras sen permiso ou orde de execución, ou que non atendan ás condicións alí previstas.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe denunciar unha infracción da legalidade urbanística. De oficio polo municipio ante o coñecemento dunha violación urbana.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Restaurar a legalidade urbanística.
Unidade tramitadora: Departamento de Urbanismo.
Inicio do procedemento: De oficio.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de execución: 1 ano.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)
Presencial.