É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes (individuais ou de equipos) de inscrición nas diferentes actividades deportivas xestionadas por cada corporación municipal.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe inscribirse nunha actividade deportiva xestionada pola corporación municipal.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao Departamento de deportes do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
Unidade tramitadora: Departamento de Deportes.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Taxas/impostos: Consultar o artigo núm. 6 da ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.