public. definit.MODIFICACIÓN BASES DE EXECUCIÓN ORZAMENTO 2024. CONCESION SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS
EXP: 2024/T004/000001
ANUNCIO PUBLICADO NO BOP Nº 129 DE DATA 05/07/2024
ANUNCIO
Expte : 2023/T004/000001
Aprobación definitiva do expediente de modificación das bases de execución do orzamento de 2022, prorrogado para o ano 2024.
En cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e no Real Decreto 500/90, do 20 de abril, ao non presentarse alegacións durante o prazo de exposición ao público (publicado no BOP nº 110, de data 7 de xuño de 2024), queda automaticamente elevado a definitivo o acordo plenario do Concello de Camariñas, de data 31 de maio de 2024, de aprobación inicial do expediente de modificación das Bases de execución do orzamento do exercicio de 2022, prorrogado para o ano 2024: base 52ª (Subvencións directas, previstas nominativamente no orzamento ou directas de carácter excepcional), procedéndose á publicación da relación nominal de subvencións nominativas 2024.
RELACIÓN NOMINAL DE SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS
PARTIDA ENTIDADE IMPORTE DESTINO CARÁCTER
338/480.00 Asociación cívica, cultural, deportiva e recreativa “Virxe do Carme” de Camariñas 10.000 € Convenio Postpagable
338/48000 Asociación de Festas de San Pedro do Ponte do Porto 3.000 Convenio Postpagable
338/48000 Asociación Cultural Espíritu Santo de Camelle 3.000 Convenio Postpagable
338/48000 Asociación Cultural San Xorxe de Buria 3.000 Convenio Postpagable
338/48000 Asociación Cultural Os Bartolos de Arou 1.700 Convenio Postpagable
338/48000 Asociación de Veciños Casoliño 1.000 Convenio Postpagable
338/48000 Asociación Cultural Reghos dos Cuiros 2.500 Convenio Postpagable
Cofradía de pescadores “Virxe do Monte” 3.000 Convenio Postpagable
Cofradía de pescadores de Camelle 800 Convenio Postpagable
432/48000 Asociación de Empresarios e de promoción turística de Camariñas. 2.000 Convenio Postpagable
432/48000 Asociación Medioambiental Mar de Fábula 1.500 Convenio Postpagable
341/48000 Fútbol Club Camariñas 3.000 Convenio Postpagable
341/48000 Club Balonmán de Camariñas 2.000 Convenio Postpagable
341/48000 Club de Fútbol Porteño 3.000 Convenio Postpagable
341/48000 Sociedade Deportiva de Camelle 3.000 Convenio Postpagable
341/48000 Escola de fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo 7.000 Convenio Postpagable
439/48000 Asociación Profesional Palilleiras Puntillas de Camariñas 1.000 Convenio Postpagable
439/48000 Asociación Palilleiras Rendas de Camariñas 1.000 Convenio Postpagable
En Camariñas, 01 de xullo de 2024
A Alcaldesa
Asdo.: Sandra Insua Rial