CERTAME LETRAS GALEGAS 2025
EXP: 2025/A002/000002
Anuncio publicado no BOP nº 87 de data 09-05-2025
Concurso Letras Galegas Camariñas 2025
Co desexo de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos nenos e nenas, convócase o concurso de literatura infantil e xuvenil Letras Galegas Camariñas 2025.
BASES
Primeira.-
Poderán participar todas as persoas que cursen estudos de educación infantil, primaria e secundaria nalgún dos centros educativos do Concello de Camariñas ou residentes do Concello de Camariñas que cursen estudos nun centro educativo doutro concello.
No caso de menores de idade a solicitude de participación deberá presentala o titor ou representante legal.
Segunda.-
Establécense premios cun importe económico suxeito as seguintes categorías:
As categorías que non acaden un nivel mínimo de calidade poden quedar desertas.
Terceira.-
As obras serán individuais, en prosa ou en verso e de tema e extensión libres, coa excepción das persoas que cursen estudos en educación infantil que presentarán un traballo colectivo.
As obras serán orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.
Cada centro educativo presentará un máximo de tres traballos por subcategoría.
A presentación farase en papel, tamaño DIN A4, coa letra Times New Roman ou similar e tamaño de letra 12. Establécese unha excepción para as obras das categorías A, B e C que poderán presentalas manuscritas, con letra lexible.
Nun sobre onde figure o epígrafe “Concurso Letras Galegas Camariñas 2025, o título da obra, pseudónimo da/o autora/or e subcategoría” deberán introducirse os traballos asinados cun pseudónimo e a ficha de inscrición (anexo), esta última nun sobre pechado.
Cuarta.-
O prazo de presentación de orixinais comezará ao día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 12 de maio de 2025.
A documentación presentaranse no Rexistro Municipal do Concello de Camariñas.
Quinta.-
O xurado estará composto por un presidente, un secretario e dous vogais elixidos polos directores dos centros educativos do Concello de Camariñas. A secretaria será a Concelleira de Cultura ou persoa en quen delegue, que actuará con voz pero sen voto.
Sexta.-
O xurado actuará en pleno, en sesión única, sendo necesaria a asistencia de todos os seus membros.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O xurado elixirá os gañadores das distintas categorías en función da orixinalidade, redacción e presentación das obras.
O xurado non abrirá os sobres pechados que conteñen as fichas de inscrición.
O xurado presentará a súa proposta á alcaldesa do Concello de Camariñas, que é o órgano competente para conceder os premios, antes do 16 de maio de 2025.
O 17 de maio de 2025 realizarase un acto público no que se darán a coñecer os gañadores e se procederá a entrega de premios.
Sétima.- Unha vez publicada a concesión dos premios, as persoas beneficiadas deberán cumprir dous requisitos para recibir o ingreso ao seu nome::
1- Posuír unha conta bancaria na que figure a titularidade do participante premiado, debendo presentar un certificado de titularidade bancaria.
2-Os premiados deberán acreditar a sua identidade mediante DNI/NIF/CIF
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
Oitava.-
FICHA DE INSCRICIÓN CONCURSO LETRAS GALEGAS CAMARIÑAS 2025
Título e pseudónimo:
Categoría e subcategoría:
Centro educativo:
Nome e apelidos concursante:
DNI/NIF/CIF:
Teléfono:
Nome e apelidos do titor/a ou representante legal:
DNI/NIF/CIF:
Sinatura:
Manifesto coñecer e aceptar as bases que rexen o Concurso Letras Galegas Camariñas 2025.
Lugar e data:
Camariñas, 06 de maio de 2025
A alcaldesa,
Sandra Insua Rial