Sede electrónica Concello de Camariñas

22:04:30 Xoves 15 de maio 2025

Información

Intervención

09/05/2025

CERTAME LETRAS GALEGAS 2025

EXP: 2025/A002/000002

Anuncio publicado no BOP nº 87 de data 09-05-2025

Concurso Letras Galegas Camariñas 2025

Co desexo de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos nenos e nenas, convócase o concurso de literatura infantil e xuvenil Letras Galegas Camariñas 2025.

BASES

Primeira.-

Poderán participar todas as persoas que cursen estudos de educación infantil, primaria e secundaria nalgún dos centros educativos do Concello de Camariñas ou residentes do Concello de Camariñas que cursen estudos nun centro educativo doutro concello.

No caso de menores de idade a solicitude de participación deberá presentala o titor ou representante legal.

Segunda.-

Establécense premios cun importe económico suxeito as seguintes categorías:

  1. Categoría A: Mellor traballo colectivo Educación Infantil: premio de 80 euros.
  2. Categoría B:
    • Subcategoría B1: Mellor prosa 1º ciclo de Primaria: premio de 30 euros.
    • Subcategoría B2: Mellor poesía 1º ciclo de Primaria: premio de 30 euros.
  3. Categoría C:
    • Subcategoría C1: Mellor prosa 2º ciclo de Primaria: premio de 30 euros.
    • Subcategoría C2: Mellor poesía 2º ciclo de Primaria: premio de 30 euros.
  4. Categoría D:
    • Subcategoría D1: Mellor prosa 3º ciclo de Primaria: premio de 30 euros.
    • Subcategoría D2: Mellor poesía 3º ciclo de Primaria: premio de 30 euros.
  5. Categoría E:
    • Subcategoría E1: Mellor prosa 1º ciclo de Secundaria: premio de 80 €.
    • Subcategoría E2: Mellor poesía 1º ciclo de Secundaria: premio de 80 €.
  6. Categoría F:
    • Subcategoría F1: Mellor prosa 2º ciclo de Secundaria: premio de 80 €.
    • Subcategoría F2: Mellor poesía 2º ciclo de Secundaria: premio de 80 €.

As categorías que non acaden un nivel mínimo de calidade poden quedar desertas.

Terceira.-

As obras serán individuais, en prosa ou en verso e de tema e extensión libres, coa excepción das persoas que cursen estudos en educación infantil que presentarán un traballo colectivo.

As obras serán orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.

Cada centro educativo presentará un máximo de tres traballos por subcategoría.

A presentación farase en papel, tamaño DIN A4, coa letra Times New Roman ou similar e tamaño de letra 12. Establécese unha excepción para as obras das categorías A, B e C que poderán presentalas manuscritas, con letra lexible.

Nun sobre onde  figure o epígrafe “Concurso Letras Galegas Camariñas 2025, o título da obra, pseudónimo da/o autora/or e subcategoría” deberán introducirse os traballos asinados cun pseudónimo e a ficha de inscrición (anexo), esta última nun sobre pechado.

Cuarta.-

O prazo de presentación de orixinais comezará ao día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia  e rematará o día 12 de maio de 2025.

A documentación presentaranse no Rexistro Municipal do Concello de Camariñas.

Quinta.-

O xurado estará composto por un presidente, un secretario e dous vogais elixidos polos directores dos centros educativos do Concello de Camariñas. A secretaria será a Concelleira de Cultura ou persoa en quen delegue, que actuará con voz pero sen voto.

Sexta.-

O xurado actuará en pleno, en sesión única, sendo necesaria a asistencia de todos os seus membros.

As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.

O xurado elixirá os gañadores das distintas categorías en función da orixinalidade, redacción e presentación das obras.

O xurado non abrirá os sobres pechados que conteñen as fichas de inscrición.

O xurado presentará a súa proposta á alcaldesa do Concello de Camariñas, que é o órgano competente para conceder os premios, antes do 16 de maio de 2025.

O 17 de maio de 2025 realizarase un acto público no que se darán a coñecer os gañadores e  se procederá a entrega de premios.

Sétima.- Unha vez publicada a concesión dos premios, as persoas beneficiadas deberán cumprir dous requisitos para recibir o ingreso ao seu nome::

1- Posuír unha conta bancaria na que figure a titularidade do participante premiado, debendo presentar un certificado de titularidade bancaria.

2-Os premiados deberán acreditar a sua identidade mediante  DNI/NIF/CIF

  • No caso de non dispoñer do anterior, o participante debe presentar na solicitude de participación copia do DNI do/da seu titor/a ou representante legal, que será o que reciba o importe do premio , asumindo a responsabilidade fiscal

 A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

Oitava.-

FICHA DE INSCRICIÓN CONCURSO LETRAS GALEGAS CAMARIÑAS 2025

Título e pseudónimo:

Categoría e subcategoría:

Centro educativo:

Nome e apelidos concursante:

DNI/NIF/CIF:

Teléfono:

Nome e apelidos do titor/a ou representante legal:

DNI/NIF/CIF:

Sinatura:

Manifesto coñecer e aceptar as bases que rexen o Concurso Letras Galegas Camariñas 2025.

Lugar e data:

Camariñas, 06 de maio de 2025

A alcaldesa,

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: