Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

23:56:20 Jueves 28 de mayo 2026

Información

Departamento persoal

27/05/2026

ACEPTACIÓN PROPOSTA CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS PEL 2026

EXP: 2026/E001/000003

ANUNCIO

PEL - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2026 (PEL-concellos 2026).

EXPTE.: 2026/E001/000003

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 27 DE MAIO DE 2026.

Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía núm. 520/2026 de data 27 de maio de 2026, mediante o cal se acepta a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2026 (PEL-CONCELLOS 2026), decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2026 (PEL-CONCELLOS 2026).

          EXPEDIENTE: 2026/E001/000003

          Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso-oposición, de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2026 da Deputación Provincial, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía núm. 359/2026 de data 9 de abril de 2026  e publicadas no BOP núm. 68 do 14 de abril de 2026.

          Resultando que en data 11/05/2026 foi publicado o anuncio do resultado final do procedemento de selección, no que consta a relación de candidatos presentado/non presentados coas puntuacións totais acadadas, a relación de candidatos aprobados, a relación de candidatos propostos para a contratación,  a relación de candidatos propostos para a creación da bolsa de emprego e se concedeu un prazo dez días hábiles para presentación de alegacións contra as puntuacións das fases de oposición e concurso.

          Considerando que ten finalizado o prazo concedido para presentación de alegacións contra as puntuacións das fases de oposición e concurso e visto que durante dito prazo non se presentaron alegacións contra as mesmas polo que quedan elevadas a definitivas.

          Considerando que unha vez elevadas a definitivas as puntuacións finais os candidatos propostos para a contratación xa teñen presentada a documentación a que fai referencia a base 10ª da convocatoria.

          Considerando que a proposta de contratación dos catro peóns que fai o tribunal baséase na puntuación total/final obtida polos aspirantes, sendo os propostos os primeiros/a castro aspirantes da listaxe ordenada por puntuacións totais/finais, isto é:

NÚM.

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

1

LEMA NOVOA, EVARISTO

10,00

2

TAJES CANOSA, JOSÉ ANTONIO

8,00

3

TRILLO PARGA, MIGUEL ÁNGEL

8,00

4

SOTO ANTELO, JOSÉ MANUEL

8,00

Vista, pois, a relación de candidatos aprobados e que o tribunal ten elevada a proposta de contratación dos catro peóns.

          De conformidade co disposto na base 8ª e 9ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

          Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2026 da Deputación Provincial.

          Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dos seguintes catro candidatos para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2026 (PEL-CONCELLOS 2026), segundo a puntuación final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:

NÚM.

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

1

LEMA NOVOA, EVARISTO

10,00

2

TAJES CANOSA, JOSÉ ANTONIO

8,00

3

TRILLO PARGA, MIGUEL ÁNGEL

8,00

4

SOTO ANTELO, JOSÉ MANUEL

8,00

          Terceiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de establecer a seguinte listaxe de reservas para a creación da bolsa de emprego:

ORDE DE CHAMAMENTO

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

OBREGÓN RODRÍGUEZ, BELKIS YAQUELIN

4,00

PASANTES CANOSA, RAMÓN

4,00

BARREIRO VIGO, Mª ISABEL

4,00

          Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: