ACEPTACIÓN PROPOSTA CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS PEL 2026
EXP: 2026/E001/000003
ANUNCIO
PEL - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2026 (PEL-concellos 2026).
EXPTE.: 2026/E001/000003
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 27 DE MAIO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía núm. 520/2026 de data 27 de maio de 2026, mediante o cal se acepta a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2026 (PEL-CONCELLOS 2026), decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2026 (PEL-CONCELLOS 2026).
EXPEDIENTE: 2026/E001/000003
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso-oposición, de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2026 da Deputación Provincial, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía núm. 359/2026 de data 9 de abril de 2026 e publicadas no BOP núm. 68 do 14 de abril de 2026.
Resultando que en data 11/05/2026 foi publicado o anuncio do resultado final do procedemento de selección, no que consta a relación de candidatos presentado/non presentados coas puntuacións totais acadadas, a relación de candidatos aprobados, a relación de candidatos propostos para a contratación, a relación de candidatos propostos para a creación da bolsa de emprego e se concedeu un prazo dez días hábiles para presentación de alegacións contra as puntuacións das fases de oposición e concurso.
Considerando que ten finalizado o prazo concedido para presentación de alegacións contra as puntuacións das fases de oposición e concurso e visto que durante dito prazo non se presentaron alegacións contra as mesmas polo que quedan elevadas a definitivas.
Considerando que unha vez elevadas a definitivas as puntuacións finais os candidatos propostos para a contratación xa teñen presentada a documentación a que fai referencia a base 10ª da convocatoria.
Considerando que a proposta de contratación dos catro peóns que fai o tribunal baséase na puntuación total/final obtida polos aspirantes, sendo os propostos os primeiros/a castro aspirantes da listaxe ordenada por puntuacións totais/finais, isto é:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1 |
LEMA NOVOA, EVARISTO |
10,00 |
|
2 |
TAJES CANOSA, JOSÉ ANTONIO |
8,00 |
|
3 |
TRILLO PARGA, MIGUEL ÁNGEL |
8,00 |
|
4 |
SOTO ANTELO, JOSÉ MANUEL |
8,00 |
Vista, pois, a relación de candidatos aprobados e que o tribunal ten elevada a proposta de contratación dos catro peóns.
De conformidade co disposto na base 8ª e 9ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2026 da Deputación Provincial.
Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dos seguintes catro candidatos para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2026 (PEL-CONCELLOS 2026), segundo a puntuación final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1 |
LEMA NOVOA, EVARISTO |
10,00 |
|
2 |
TAJES CANOSA, JOSÉ ANTONIO |
8,00 |
|
3 |
TRILLO PARGA, MIGUEL ÁNGEL |
8,00 |
|
4 |
SOTO ANTELO, JOSÉ MANUEL |
8,00 |
Terceiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de establecer a seguinte listaxe de reservas para a creación da bolsa de emprego:
|
ORDE DE CHAMAMENTO |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1º |
OBREGÓN RODRÍGUEZ, BELKIS YAQUELIN |
4,00 |
|
2º |
PASANTES CANOSA, RAMÓN |
4,00 |
|
3º |
BARREIRO VIGO, Mª ISABEL |
4,00 |
Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.