CONTRATACIÓN LABORAL TRES PEÓNS PARA SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS (RURAL ACTIVO)
EXP: 2026/E001/000006
ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE TRES PÉONS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS (RURAL ACTIVO 2026).
EXPTE.: 2026/E001/000006
EXPTE. SOLICIT. SUBV.: 2026/A008/000018
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 27 DE MAIO DE 2026
Convócanse probas selectivas, mediante concurso-oposición, para a contratación laboral temporal DE TRES PÉONS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G), cuxas bases foron aprobadas por Decreto da Alcaldía núm. 519/2026 de data 27 de maio de 2026 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello en data 27 de maio de 2026.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa, Dª Sandra Insua Rial.