Sede electrónica Concello de Camariñas

01:01:46 Venres 29 de maio 2026

Información

Departamento de persoal

27/05/2026

CONTRATACIÓN LABORAL TRES PEÓNS PARA SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS (RURA

EXP: 2026/E001/000006

ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE TRES PÉONS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS (RURAL ACTIVO 2026).

EXPTE.: 2026/E001/000006

EXPTE. SOLICIT. SUBV.: 2026/A008/000018

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 27 DE MAIO DE 2026

          Convócanse probas selectivas, mediante concurso-oposición, para a contratación laboral temporal DE TRES PÉONS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G), cuxas bases foron aprobadas por Decreto da Alcaldía núm. 519/2026 de data 27 de maio de 2026 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello en data 27 de maio de 2026.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa, Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: