Anuncio modif. composición do tribunal e data e hora realización 1ª e 2ª probas fase oposición XB.
EXP: 2026/E001/000007
ANUNCIO
MODIFICACIÓN DA COMPOSICIÓN DE TRIBUNAL NO PROCESO DE SELECCIÓN DE SELECCIÓN DUN XEFE DE BRIGADA E SE MODIFICA O DÍA E HORARIO DA CONVOCATORIA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS PARA A REALIZACIÓN DA SEGUNDA E TERCEIRA PROBA DA FASE DE OPOSICIÓN.
EXPTE.: 2026/E001/000007
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 15 DE XUÑO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 15 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda modificar a composición do tribunal e o día e hora de realización da segunda e terceira probas da fase de oposición, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: XB - MODIFICACIÓN DA COMPOSICIÓN DE TRIBUNAL NO PROCESO DE SELECCIÓN DE SELECCIÓN DUN XEFE DE BRIGADA E SE MODIFICA O DÍA E HORARIO DA CONVOCATORIA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS PARA A REALIZACIÓN DA SEGUNDA E TERCEIRA PROBA DA FASE DE OPOSICIÓN.
EXPTE.: 2026/E001/0000007
Mediante decreto desta Alcaldía núm. 605/2026 de data 12/06/2026 acordouse á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador, aprobar a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026 e convocar aos aspirantes admitidos para o día 18 de xuño de 2026, para a realización da segunda e terceira proba da fase de oposición.
Considerando que varios dos membros designados para formar parte do tribunal non poden asistir nas datas para as que foron convocados inicialmente para a súa constitución e realización de probas, en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,
ACORDO:
Primeiro.- Proceder á modificación da designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, quedando o tribunal integrado polo seguintes membros:
|
PRESIDENTE |
Titular |
Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Gema Leal Insua, Tesoureira do Concello de Camariñas. |
|
VOGAIS |
Titular |
Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas. |
|
|
Suplente |
Dª Mª José Pasantes Alborés, Educadora de Adultos do Concello de Camariñas. |
|
|
Titular |
Dª Alianza Trillo Cabrejo, Educadora Familiar do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Junquera Vázquez Casal, Psicóloga Departamento Servizos Sociais do Concello de Camariñas |
|
|
Titular |
Dª Eva Jardón López, Secretaria do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Mª Asunción Méndez Vilalta, Arquitecta Municipal do Concello de Camariñas |
|
SECRETARIA |
Titular |
Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas |
Segundo.- Cambiar o día e horario de realización da segunda e terceira probas da fase de oposición no procedemento de selección dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, para o luns 22 de xuño de 2026.
Terceiro.- Convocar aos aspirantes que superen a primeira proba da fase de oposición para o próximo día 22 de xuño de 2026, ás 8:30 horas, no Salón de Pleno do Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57 - Camariñas, para a realización da 2ª proba da fase de oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba práctica.
Convocar aos aspirantes que superen a segunda proba da fase de oposición para o próximo día 22 de xuño de 2026, ás 13:30 horas, no Salón de Pleno do Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57 - Camariñas, para a realización, no seu caso, da 3ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, coñecemento do idioma galego.
Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.
Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.
A actuación dos aspirantes no exercicio, de ser necesario, levarase a cabo por orde alfabética, comezando pola letra “M”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2026 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2026). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.
Cuarto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a título meramente informativo, na Sede Electrónica do Concello de Camariñas.
Quinto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.