Sede electrónica Concello de Camariñas

09:25:32 Xoves 25 de xuño 2026

Información

Departamento de persoal

15/06/2026

Anuncio modif. composición do tribunal e data e hora realización 1ª e 2ª probas fase oposición XB.

EXP: 2026/E001/000007

ANUNCIO

MODIFICACIÓN DA COMPOSICIÓN DE TRIBUNAL NO PROCESO DE SELECCIÓN DE SELECCIÓN DUN XEFE DE BRIGADA E SE MODIFICA O DÍA E HORARIO DA CONVOCATORIA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS PARA A REALIZACIÓN DA SEGUNDA E TERCEIRA PROBA DA FASE DE OPOSICIÓN.

EXPTE.: 2026/E001/000007

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 15 DE XUÑO DE 2026.

          Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 15 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda modificar a composición do tribunal e o día e hora de realización da segunda e terceira probas da fase de oposición, decreto que a continuación se transcribe:

            “DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: XB - MODIFICACIÓN DA COMPOSICIÓN DE TRIBUNAL NO PROCESO DE SELECCIÓN DE SELECCIÓN DUN XEFE DE BRIGADA E SE MODIFICA O DÍA E HORARIO DA CONVOCATORIA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS PARA A REALIZACIÓN DA SEGUNDA E TERCEIRA PROBA DA FASE DE OPOSICIÓN.

EXPTE.: 2026/E001/0000007

          Mediante decreto desta Alcaldía núm. 605/2026 de data 12/06/2026 acordouse á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador, aprobar a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026 e convocar aos aspirantes admitidos para o día 18 de xuño de 2026, para a realización da segunda e terceira proba da fase de oposición.

          Considerando que varios dos membros designados para formar parte do tribunal non poden asistir nas datas para as que foron convocados inicialmente para a súa constitución e realización de probas, en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

          Primeiro.- Proceder á modificación da designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, quedando o tribunal integrado polo seguintes membros:

PRESIDENTE

Titular

Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Gema Leal Insua, Tesoureira do Concello de Camariñas.

VOGAIS

Titular

Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas.

 

Suplente

Dª Mª José Pasantes Alborés, Educadora de Adultos do Concello de Camariñas.

 

Titular

Dª Alianza Trillo Cabrejo, Educadora Familiar do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Junquera Vázquez Casal, Psicóloga Departamento Servizos Sociais do Concello de Camariñas

 

Titular

Dª Eva Jardón López, Secretaria do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Mª Asunción Méndez Vilalta, Arquitecta Municipal do Concello de Camariñas

SECRETARIA

Titular

Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas

          Segundo.- Cambiar o día e horario de realización da segunda e terceira probas da fase de oposición no procedemento de selección dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, para o luns 22 de xuño de 2026.

          Terceiro.- Convocar aos aspirantes que superen a primeira proba da fase de oposición para o próximo día 22 de xuño de 2026, ás 8:30 horas, no Salón de Pleno do Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57 - Camariñas, para a realización da 2ª proba da fase de oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba práctica.

          Convocar aos aspirantes que superen a segunda proba da fase de oposición para o próximo día 22 de xuño de 2026, ás 13:30 horas, no Salón de Pleno do Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57 - Camariñas, para a realización, no seu caso, da 3ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, coñecemento do idioma galego.

Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.

Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

          A actuación dos aspirantes no exercicio, de ser necesario, levarase a cabo por orde alfabética, comezando pola letra “M”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2026 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2026). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz  o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.

          Cuarto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a título meramente informativo, na Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

          Quinto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: