Publicación listaxe definitiva aspirantes admitidos e excluídos no procedemento Rural Activa 2026
EXP: 2026/E001/000006
ANUNCIO
ASUNTO: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE tres PEÓNS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS ano 2026 (tr351g).
EXPTE TEDEC: 2026/E001/000006
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 15 DE XULLO DE 2026.
De conformidade co disposto na Base 5ª da Convocatoria de selección para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de tres peóns forestais para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias ano 2026, faise público o Decreto da Alcaldía núm. 709/2026 de data 15 de xullo de 2026, mediante o cal se procede a designación dos membros do tribunal, se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo e se convoca aos aspirantes admitidos para a realización da proba práctica da fase de oposición, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE TRES PEÓNS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS ANO 2026 (TR351G).
EXPEDIENTE: 2026/E001/000006
Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 519/2026 de data 27/05/2026 se aprobaron as bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de tres peóns forestais para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G).
Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 27/05/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Visto que a relación de candidatos remitida polo SPEG (Oferta de emprego núm. 12-2026-5531) foi obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 10/06/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas e visto que tódolos aspirantes que teñen presentado a solicitude cumpren coas condicións establecidas na base 3ª e 4ª que rexe a convocatoria, de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria e en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,
ACORDO:
Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:
|
PRESIDENTE |
Titular |
D. José Manuel Ameijeiras Oreiro, persoal laboral do Concello |
|
|
Suplente |
D. Manuel Castiñeira Santos, persoal laboral do Concello |
|
VOGAIS |
Titular |
D. Manuel Silva Canosa, persoal laboral do Concello |
|
|
Suplente |
D. José Manuel Tedín Tedín, persoal laboral do Concello |
|
|
Titular |
D. José María Villar Trillo, persoal laboral do Concello |
|
|
Suplente |
D. José Manuel Andrade Pereira, persoal laboral do Concello |
|
|
Titular |
D. Marta Castro Suárez, persoal laboral do Concello |
|
|
Suplente |
Dª. Dolores Lema Mouzo, persoal laboral do Concello |
|
SECRETARIA |
Titular |
Dª Elvira Chao Díaz, auxiliar admva. do Concello |
|
|
Suplente |
Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas |
Segundo.- Aprobar a seguinte lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos para a contratación laboral temporal de dous peóns para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias,
Admitidos definitivamente:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
|
1 |
ALVES CARRIL, ADRIAN |
***1006** |
|
2 |
BRION GARCIA, MANUEL ANGEL |
***1632** |
|
3 |
CARRACEDO MENDEZ, ANGEL LUIS |
***2315** |
|
4 |
CARRIL ROMERO, MARINA |
***0477** |
|
5 |
LEMA MARTINEZ CHRISTIAN |
***0024** |
|
6 |
LEMA MARTINEZ, FLORINDO |
***4982** |
|
7 |
PASANTES CANOSA, RAMON |
***2114** |
|
8 |
RODRIGUEZ CABEZA, EDUARDO |
***3806** |
|
9 |
SUAREZ PEREZ, CARLOS |
***1247** |
|
10 |
TEDIN PEREZ, JOSE MANUEL |
***6425** |
|
11 |
TEMPRANO QUIZA, JUAN MANUEL |
***6425** |
Excluídos definitivamente:
------------
O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza a posesión dos requisitos esixidos. Se nun momento posterior se desprende que algunha persoa non posúe algún dos requisitos, decaerá en todos os dereitos derivados do procedemento.
Segundo.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da proba práctica prevista na base 7.1 da convocatoria o día 21 de xullo de 2026, ás 9:30 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña.
Terceiro.- Convocar aos aspirantes admitidos para o próximo día 21 de xullo de 2026, ás 9:30 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña, para a realización da proba da oposición prevista na base 7.1 da convocatoria, proba práctica.
Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.
Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.
A actuación dos aspirantes no exercicio, de ser necesario, levarase a cabo por orde alfabética, comezando pola letra “M”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2026 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2026). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.
Cuarto.- Que o Tribunal cualificador se reúna para valoración de méritos (fase de concurso, base 7.2 da convocatoria) o día 21 de xullo de 2026, ás 12:00 horas, na Casa do Concello.
Quinto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.
Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.