Sede electrónica Concello de Camariñas

13:18:05 Mércores 15 de xullo 2026

Información

Departamento de persoal

15/07/2026

Publicación listaxe definitiva aspirantes admitidos e excluídos no procedemento Rural Activa 2026

EXP: 2026/E001/000006

ANUNCIO

ASUNTO: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE tres PEÓNS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS ano 2026  (tr351g).

          EXPTE TEDEC: 2026/E001/000006

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 15 DE XULLO DE 2026.

          De conformidade co disposto na Base 5ª da Convocatoria de selección para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de tres peóns forestais para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias ano 2026, faise público o Decreto da Alcaldía núm. 709/2026 de data 15 de xullo de 2026, mediante o cal se procede a designación dos membros do tribunal, se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo e se convoca aos aspirantes admitidos para a realización da proba práctica da fase de oposición, decreto que a continuación se transcribe:

           “DECRETO DA ALCALDÍA

          Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE TRES PEÓNS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS ANO 2026  (TR351G).

          EXPEDIENTE: 2026/E001/000006

          Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 519/2026 de data 27/05/2026 se aprobaron as bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de tres peóns forestais para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G).

          Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 27/05/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Visto que a relación de candidatos remitida polo SPEG (Oferta de emprego núm. 12-2026-5531) foi obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 10/06/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas e visto que tódolos aspirantes que teñen presentado a solicitude cumpren coas condicións establecidas na base 3ª e 4ª que rexe a convocatoria, de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria e en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

          Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:

PRESIDENTE

Titular

D. José Manuel Ameijeiras Oreiro, persoal laboral do Concello

 

Suplente

D. Manuel Castiñeira Santos, persoal laboral do Concello

VOGAIS

Titular

D. Manuel Silva Canosa, persoal laboral do Concello

 

Suplente

D. José Manuel Tedín Tedín, persoal laboral do Concello

 

Titular

D. José María Villar Trillo, persoal laboral do Concello

 

Suplente

D. José Manuel Andrade Pereira, persoal laboral do Concello

 

Titular

D. Marta Castro Suárez, persoal laboral do Concello

 

Suplente

Dª. Dolores Lema Mouzo, persoal laboral do Concello

SECRETARIA

Titular

Dª Elvira Chao Díaz, auxiliar admva. do Concello

 

Suplente

Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas

          Segundo.- Aprobar a seguinte lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos para a contratación laboral temporal de dous peóns para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias,

Admitidos definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

1

ALVES CARRIL, ADRIAN

***1006**

2

BRION GARCIA, MANUEL ANGEL

***1632**

3

CARRACEDO MENDEZ, ANGEL LUIS

***2315**

4

CARRIL ROMERO, MARINA

***0477**

5

LEMA MARTINEZ CHRISTIAN

***0024**

6

LEMA MARTINEZ, FLORINDO

***4982**

7

PASANTES CANOSA, RAMON

***2114**

8

RODRIGUEZ CABEZA, EDUARDO

***3806**

9

SUAREZ PEREZ, CARLOS

***1247**

10

TEDIN PEREZ, JOSE MANUEL

***6425**

11

TEMPRANO QUIZA, JUAN MANUEL

***6425**

Excluídos definitivamente:

------------

          O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza a posesión dos requisitos esixidos. Se nun momento posterior se desprende que algunha persoa non posúe algún dos requisitos, decaerá en todos os dereitos derivados do procedemento.

          Segundo.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da proba práctica prevista na base 7.1 da convocatoria o día 21 de xullo de 2026, ás 9:30 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña.

          Terceiro.- Convocar aos aspirantes admitidos para o próximo día 21 de xullo de 2026, ás 9:30 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña, para a realización da proba da oposición prevista na base 7.1 da convocatoria, proba práctica.

Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.

Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

A actuación dos aspirantes no exercicio, de ser necesario, levarase a cabo por orde alfabética, comezando pola letra “M”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2026 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2026). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz  o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.

          Cuarto.- Que o Tribunal cualificador se reúna para valoración de méritos (fase de concurso, base 7.2 da convocatoria) o día 21 de xullo de 2026, ás 12:00 horas, na Casa do Concello.

          Quinto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

          Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: