Sede electrónica Concello de Camariñas

07:33:38 Martes 16 de xullo 2024

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

14/05/2024

APROL - CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN/HA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE

EXP: 2024/E001/000005

ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

PROCESO SELECTIVO PARA A contratación DUN/DUNHA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACION PREVENTIVA E VALORIZACIÓN FORESTAL (APROL RURAL 2024).

EXPTE. TEDEC: 2024/E001/000005

EXPTE. Solicitude da axuda: 2024/A008/000006

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 14 DE MAIO DE 2024

Convócanse probas selectivas, mediante concurso, para a contratación laboral temporal DUN/DUNHA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACION PREVENTIVA E VALORIZACIÓN FORESTAL, ao abeiro da subvención convocada pola Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2024, código de procedemento TR351G, (DOG núm. 17, do 24/01/2024), cuxas bases foron aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 14 de maio de 2024 e publicadas no taboleiros de anuncios do Concello en data 14 maio de 2024.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: