Publicac. bases e convocato para selección aux. admva. orgaiz. xestión arquivo municipal
EXP: 2026/E001/000010
ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DESTINADO AO DESENVOLVEMENTO DE TAREFAS RELACIONADAS COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL (GARANTIA XUVENIL TR350E 2026).
EXPTE.: 2026/E001/000010
EXPTE. SOLICIT. SUBV.: 2026/A008/000040
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 15 DE SETEMBRO DE 2026
Convócanse probas selectivas, mediante concurso-oposición, para a contratación laboral temporal DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DESTINADO/A AO DESENVOLVEMENTO DE TAREFAS RELACIONADAS COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026. (códigos de procedemento TR350E e TR349Z) publicado no DOG número 108 do 11 de Xuño de 2026, cuxas bases foron aprobadas por Decreto da Alcaldía núm. 868/2026 de data 14 de setembro de 2026 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello en data 15 de setembro de 2026.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa, Dª Sandra Insua Rial.