Sede electrónica Concello de Camariñas

08:13:26 Domingo 8 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de animais perigosos

O procedemento de "rexistro de animais perigosos" ten por obxecto a regulación da concesión e renovación das licencias administrativas para a tenencia de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos, ós que se refire o Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, polo que se regula la Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a regulación do Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos e a inscrición na Sección Local do Rexistro Galego de Animais de Compañía.

 

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderase descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Para a obtención da licencia administrativa con destino á tenencia de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:
    • Ser maior de idade e non estar incapacitado para proporcionar os coidados necesarios ó animal.
    • Non ter sido condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas contra liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenencia de animais potencialmente perigosos.
    • Non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das prevista no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999 de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico de animais potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación da licencia, ter sido sancionado coa suspensión temporal da mesma, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.
    • Dispoñer de certificado de aptitude psicolóxica e de capacidade física para a tenencia de animais potencialmente perigosos.
    • Acreditar a formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poidan causar os seus animais na contía mínima de 125.000 Euros.

No caso de que a licenza sexa para animais salvaxes en catividade, esixirase ademáis unha memoria descriptiva das instalacións e medidas de seguridade utilizadas para impedir a fuxida dos animais conforme ó artigo 3.4 do Decreto 90/2002.

  • No Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, faranse constar, de conformidade co establecido no artigo 4.2 do Decreto 90/2002, como mínimo, os seguintes datos:

Datos do animal:

  • Número do microchip (a identificación definitiva con microchip é obrigatoria sen execepcións).
  • Nome do animal.
  • Especie.
  • Raza (no caso de cans).
  • Sexo.
  • Características externas (descripción da capa, tipo e cor da pel...).
  • Data de nacemento.Aptitude (función do animal): compañía, garda, defensa, caza,...etc.
  • Causa de inclusión no Rexistro (sinalar supostos artigo 2.2 do Decreto 90/2002).
  • Enderezo habitual do animal.
  • Data de adquisición do animal.
  • Forma de adquisición do animal (cría, doazón, traspaso, venda, outras).
  • Observacións.

Datos do dono ou dona ou da persoa pouidora:

  • D.N.I
  • Nome e apelidos.
  • Enderezo habitual.
  • Teléfonos de contacto.
  • Licencia administrativa: número, data de expedición e Concello de expedición.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Rexistro de animais perigosos.

Unidade tramitadora: Secreataría Xeral.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Art. 43 da Lei 30/1992.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                   Presencial.